Actualidad

[editar plantilla]

A Xunta reafirma o seu compromiso coas persoas xitanas a través dos programas Acceder e Promociona [editar]

A fundación encargarase do mantemento de seis dispositivos de intervención na Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela e Ferrol

14 de Septiembre de 2017
FSG GALICIA

COMPARTIR
A Xunta reafirma o seu compromiso coas persoas xitanas a través dos programas Acceder e Promociona

Concretamente, este acordo permitirá desenvolver itinerarios integrados de inclusión socio-laboral para a poboación xitana mediante os programas Acceder e Promociona. Ambos versarán especialmente sobre materias de formación profesional ocupacional, orientación laboral, acompañamento no acceso a o emprego, accións de sensibilización dirixidas a empresarios, entes públicos e estudos e metodoloxías para aplicar aos programas.

 

O obxectivo destes itinerarios é mellorar a capacidade de inserción e incorporación das minorías étnicas no mercado de traballo, así como a inserción de persoas xoves desempregadas e en situación de exclusión social.

 

A Fundación Secretariado Gitano encargarase do mantemento de seis dispositivos de intervención, coa finalidade de realizar accións de acollida, orientación, acompañamento e acceso de minorías étnicas, preferentemente á formación e ao emprego. Estes dispositivos estarán situados nos concellos da Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela e Ferrol. Así mesmo, desenvolverá accións de asesoramento e apoio dirixidas a impulsar políticas sociais máis activas coa comunidade xitana e actuacións que aseguren unha oferta axeitada de servizos que reforcen a prevención do abandono escolar prematuro.

A Xunta de Galicia mantén esta colaboración coa Fundación desde o ano 2001.

A entidade desenvolve, desde o ano 2001, programas e accións que buscan fomentar a participación social e a incorporación laboral da comunidade xitana en Galicia, e apoiar as iniciativas que teñen por obxecto a mellora das condicións de vida das persoas xitanas.

Na actualidade atende arredor de 2000 persoas e conta con sedes en Lugo, Santiago, A Coruña, Narón, Pontevedra e Vigo.

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS